Niño y Pistola “Gone to Liverpool”
Se o outro día poñía unha boa banda galega cantando en español… hoxe toca outra que tamén é xenial e que, nesta ocasión, cantan en inglés. Bos músicos e boa xente… polo pouco que puiden falar con eles. A gozar que xa é fin de semana!
Apple estaría pensando en máquinas expendedoras automáticas de música y películas
O que non acabo de ver claro é o asunto de que che fabriquen un cd… levaría carátula? Penso que non é máis que un bulo… se cadra para outros tipos de cultura podería ser útil pero para a música… hai tempo que os adolescentes escoitan os mp3 no seu teléfono móbil.
Impresionante o que fai este tipo andaluz co seu bolígrafo BIC!!!
Ollo, refírome a que a imaxe non é unha foto… non a que estes dous practiquen sexo con estilográficas… que sodes ben retorcidos!!!
vía zappinternet.com
Como facer un fake impresionante dos U2 ao vivo… e medio mortos :D ou ao mellor é que están así de mal… vaia vostede a saber… o caso é que me fai “dirrir”!!!
Grazas Carlos Alberto!!!
Belén Regueira, Premio Mestre Mateo 2008 (via diasestranhos)
Supoño que xa o comentou todo o mundo pero non quero deixar de poñelo aquí como algo destacábel… algo a ter en conta… sobre todo mirando como está o panorama. [Este vai en compensación polo anterior vídeo no que os rapaces non cantaban en galego :-D]
IGLOO “el pase de la muerte” Vídeo de Evofoto - Vídeo MySpace
A ver quen ten webs de dicir que aquí non hai grupos caralludos? Xa sei, non falan galego “y tal y tal” pero molar o que se di molar… un mazo neno!
Imagine there’s no copyright… tanananana!!!
Éche moito imaxinar… se querías cantar nas festas da túa aldea o Imagine de Lennon a collon batido sen ter que lle pagar á esgae vaite esquecendo porque xa desde europa encargáronse de prolongarlles os dereitos de 50 a 70 anos para poder seguir chupando da teta do bo de John… ao mellor cando teñades 100 anos podedes facer realidade ese soño… polo de agora só podedes imagine…
Earth Day Graphics: 30 Creative Environment Ads
O aquecimento global é un feito real… non é tanto pensar no futuro dos nosos fillos coma no noso propio presente… sobre todo agora que andamos máis interesados na reducción dos nosos cartos que na dos nosos polos… non ven de máis ollar o traballo de Kawano Takeshi e reflexionar un chisquiño… só un pouquichiño… un case nada… calquera achega por pequena que sexa é boa.
CagleCartoons.com - View Image
O primo do zumosol tamén coñecido como Google será agora o que nos permita pesquisar na procura de torrents para ver esas series maravillosas en V.O. que nunca chegan aos pobres deste Estado. Como ben saberedes algúns o governo quere criminalizar as webs que permitan atopar arquivos en redes P2P e na Suecia os rapaces de Pirate Bay van para o caldeiro… unha imaxe é mellor que mil palabras.
Tolos hainos en todas partes… de tódolos xeitos na Galiza aínda podemos intentar loucuras coma esta… os trens son tan modernos coma na India e semella que así van seguir polo menos nos próximos 5 anos (algúns din que máis)… e iso que o novo menistro e galego.